Na parte central da Costa da Morte sitúase a Terra de Soneira. comarca que se estende de oriente a occidente desde o pico de Meda ata o cabo Vilán e comprende os concellos de Zas, Vimianzo e Camariñas, os dous primeiros situados en terras de interior e o de Camariñas, no litoral.

Esta bisbarra constitúe tamén unha superficie de aplanamento, nun nivel inferior con respecto á meseta do Xallas. O seu territorio podémolo dividir en tres unidades territoriais: o val do río do Porto, as terras situadas máis ao sur que verten augas cara ao río Xallas e Castro, e a zona costeira.
O val do río do Porto, ocupa a parte máis extensa e ten como punto máis elevado o Pico de Meda (567 m), co seu perfil cónico, en forma de meda, de aí a súa denominación. Constitúe un extraordinario miradoiro sobre as terras que o circundan, incluso se chega a ver o mar.
Na parte oriental deste monte, nace o río do Porto, a principal arteria da comarca soneirá, que percorre de leste a oeste. O seu curso nesta parte alta, salva o chanzo entre a meseta xalleira e a chaira soneirá a través dunha pronunciada pendente, formando as fervenzas do Rabiñoso, dando lugar a unha atractiva paisaxe natural e etnográfica, na que as augas que baixan en fervenza aproveitábanse para mover os rodicios de varios muíños.

No seu curso medio as augas discorren vagarosas polas terras chairas deste val. A rede fluvial que forman os afluentes do río principal resulta moi asimétrica, xa que case todos eles proceden da banda esquerda e levan unha dirección sur-norte, debido a que nacen nas terras altas que limitan coa comarca do Xallas. O río de Zas e o de Vilar son os tributarios que lle achegan un maior caudal.
Nesta parte intermedia do río, destacan pola súa atractiva paisaxe a Área de Pedra Vixía, no río de Zas, na que se pode gozar dun bosque de ribeira ben conservado e da área recreativa, situada a carón do río e A Carballeira da Devesa, próxima á vila de Baio, un dos bosques autóctonos de maior interese que atopamos ao longo do seu curso.
A pouca distancia de Baio, augas abaixo, sitúase o conxunto etnográfico dos muíños e batáns do Mosquetín, formado por sete muíños e tres batáns, dos que hai constancia documental desde mediados do século XVIII, único en Galicia.
Segue o río do Porto a ritmo lento polas parroquias de Salto e Calo, agás no treito do Foxo, onde vai encaixado e as augas corren máis rápidas. O seu potencial aprovéitase para a produción hidroeléctrica.
Na segunda das parroquias úneselle pola esquerda o río de Cambeda, que cruza o val de Vimianzo, unha fosa tectónica que se formou entre o monte de San Bartolomeu e o monte Faro, que serían os bloques elevados da falla. A vila de Vimianzo, que naceu ao pé do seu castelo medieval, é o núcleo de poboación de maior entidade deste val.

No último tramo o río do Porto presenta un curso accidentado debido ao cambio morfolóxico do relevo polo que discorre, que o obrigou a encaixarse, e as súas augas circulan aceleradas ata a desembocadura na vila de Ponte do Porto.
Augas abaixo da ponte de Ponte do Porto, o río anchea a súa canle, formando un esteiro que se prolonga uns 5 km, ata a súa confluencia co mar na ría de Camariñas, despois de percorrer máis de 47 km. Nese tramo recibe pola esquerda o caudal do río de Carnés que se xunta co Porto en Cereixo e pasa a carón da igrexa románica de Santiago de Cereixo e cruza por debaixo do único muíño de mareas que se conserva na Costa da Morte.
A segunda unidade territorial da Terra de Soneira está formada polas terras da parte sur dos concellos de Zas e Vimianzo, que verten augas ao río Xallas, como sucede coas parroquias de Muíño, Brandomil e Brandoñas, de Zas e a de Baíñas, de Vimianzo. O territorio que comprenden estas fregresías xeograficamente formaría parte da comarca do Xallas, coa que comparten características morfolóxicas e físicas.
As terras situadas na cunca do río Castro, como as parroquias vimiancesas de Castrelo e Berdoias, están separadas das anteriores polo cordal montañoso que ten como cume máis elevado o Alto da Cruz (536 m), un magnifico miradoiro para enxergar boa parte do territorio de Soneira, Xallas e Nemancos.
A terceira das unidades corresponde ao litoral desta comarca, incluído case todo el no concello de Camariñas. Comeza en Sabadelle, a única saída ao mar do concello de Vimianzo. A continuación ábrese a pequena enseada de Camelle, coa súa praia ao fondo, onde se asenta esta vila mariñeira. Despois dun breve tramo rochoso, chégase á praia de Arou, de mar batido, pero con boas características para o baño.

A partir deste lugar comeza un tramo de costa moi rochoso e recortado, con abundantes baixos, que o fan moi perigoso para a navegación. Os saíntes vanse alternando con pequenas enseadas, a xeito de dentes de serra ata a punta do Capelo, límite leste da pequena enseada de Santa Mariña. Entre o cabo Veo e a punta do Boi, ábrese a enseada de Trece, un amplo areal cun sistema de dunas moi desenvolto, que deu lugar ao espectacular monte Branco.

En la punta de O Boi se localiza el Cementerio de los Ingleses, en el que se enterraron los cadáveres recuperados del naufragio del buque inglés Serpent. Esta parte costera es la más accidentada y peligrosa de todo este litoral y donde se produjeron las mayores catástrofes marinas.
A partir de la punta de O Boi el trazado costero sigue siendo abrupto hasta la entrada de la ría de Camariñas. En este tramo destaca el promontorio del cabo Vilán, en el que se sitúa el espectacular faro, que data de 1896, el primero de todo el Estado en disponer de energía eléctrica.
Entre las puntas de A Virxe da Barca y de A Virxe do Monte, se abre la entrada de la ría de Camariñas, de forma y tamaño semejante a la de Corme y Laxe. También con una villa marinera en cada banda: al norte, Camariñas y al sur, Muxía, y dos ensenadas, la de A Basa y la de Area Maior. La ría se prolonga hacia el este a través del estuario del río de O Porto, hasta la villa de A Ponte do Porto.