Esta bisbarra é a máis extensa das tres que comprende A Costa da Morte e está constituída polos concellos da Laracha, Carballo, Coristanco, Malpica de Bergantiños, Cabana de Bergantiños e Laxe.
Morfoloxicamente está formada por tres chanzos. Un primeiro que comprende as terras altas pertencentes aos concellos da Laracha, Carballo e Coristanco, que formarían ese primeiro chanzo, que os propios habitantes bergantiñáns denominan A Alta, situado entre os 300 e 400 m de altitude. Algúns dos seus cumes chegan a superar os 500 m, como o Coto de Predouzo (518 m), A Pedra Cerdeira (564 m) ou o monte Castelo (564 m).
O segundo banzo corresponderíase coa cunca do río Anllóns, arteria que atravesa a comarca de leste ao oeste e que ten o seu nacemento na ladeira meridional do Coto de Pedrouzo. Despois de bordear este monte, descende con pronunciada pendente cara a chaira bergantiñá, que percorre con augas calmas. Logo de pasar pola vila de Carballo, recibe pola esquerda o seu afluente principal, o río Rosende, que se nutre das augas que descenden das terras altas dos rebordes da meseta de Ordes.

Ao chegar a Verdes, e debido aos movementos tectónicos que lle afectaron a esta zona, o río experimenta un rexuvenecemento, formando rápidos e fervenzas que lle permiten adaptarse ao seu novo nivel de base. Ao atoparse con rochas máis duras, como os gneis que atravesan o seu leito, máis resistentes á erosión, a súa canle distribúese en varios brazos, dando lugar ao fermoso espazo natural do Refuxio de Verdes.
Pasada a parroquia de Corcoesto, o río volve a discorrer con augas mainas ata a súa desembocadura na vila de Ponteceso. Previamente forma un gran meandro na parroquia de Anllóns, que deu nome ao río. Despois de cruzada a ponte de Ponteceso, ao pé da casa do poeta Eduardo Pondal, entra na enseada da Insua, un amplo esteiro, que constitúe un espazo de gran interese natural, que se prolonga ata A Barra, onde as súas augas se unen coas do océano Atlántico, na ría de Corme e Laxe, despois de percorrer máis de 70 km.
O bardo pontecesán fai alusión a este último percorrido do río nun dos seus poemas:
Eu nacín en agreste soedade, eu nacín cabo dun agreste outeiro, pr’onde o Anllóns, con nobre magestade, camiña ó seu destino derradeiro.
O centro da comarca de Bergantiños está ocupado polas terras baixas do val do Anllóns e dos seus afluentes, de cor avermellada, “roxas ó arar”, en boca de Pondal, que se formaron sobre rochas básicas, dando lugar a terras fértiles, ás que se lle atribuíu a denominación de “graneiro de Galicia”, pola abundante produción cerealeira de tempos atrás, actualmente produtoras de excelentes patacas, fabas, hortalizas e plantas forraxeiras.
O terceiro e último chanzo correspóndese coas terras que descenden ata o mar, formando un amplo litoral, labrado na súa maior parte sobre rochas graníticas, no que os tramos altos e rochosos alternan con outros areentos, abertos ao océano.
Entre a costa e o val do Anllóns prolóngase unha pequena cadea montañosa, que cando se aproxima ao litoral dá lugar a unha costa alta con pronunciados cantís, nos que o mar rompe con ímpeto. De todas estas lombas destaca o monte Neme (386 m), que constitúe unha auténtica atalaia sobre esta parte costeira, pero tamén sobre as terras centrais da comarca bergantiñá. Esta situación estratéxica, xunto coa súa riqueza mineira e pasado histórico, converteu esta elevación nun lugar mítico, cheo de historia e lendas.
Comeza a costa bergantiñá na península de Caión, sobre a que se sitúa este pequeno porto pesqueiro coa fermosa praia das Salseiras, ao seu carón. Logo continúa un tramo acantilado ata chegar ao extenso areal de Razo e Baldaio, onde se formou unha lagoa costeira. Todo o conxunto constitúe un espazo natural de sumo interese.

El tramo que se prolonga desde la punta de Razo hasta la península de Malpica se desarrolla todo sobre zonas acantiladas, con pocos salientes y algunos islotes. Los arenales son escasos, y entre ellos destacan las playas de As Torradas y la de Os Riás.
La pequeña península de Malpica, sobre la que se sitúa la villa marinera, culmina en el alto de A Atalaia, con el puerto pesquero en la parte oriental y la playa Maior, en la occidental. El reducido espacio en el que se asentó este núcleo urbano obligó a que sus casas se amontonaran alrededor de la reducida bahía del puerto, algunas de ellas mismo colgadas de los acantilados, lo que le aporta un gran encanto y personalidad a esta villa marinera.
Continúa el litoral por el cabo de Santo Adrián, una península rocosa en la que se sitúa la capilla dedicada a este santo, donde se celebra una conocida romería en el mes de junio. Frente a este saliente vemos las islas Sisargas, el único archipiélago destacado de todo el litoral de A Costa da Morte.
A partir de esta punta la costa se hace más recortada con zonas de escarpados acantilados que bordean las penínsulas de A Nariga y de O Roncudo, entre las que se abren estrechas ensenadas con fondos arenosos, como A Seiruga, Barizo, Niñóns o A Barda.
Entre las puntas de O Roncudo, al norte, y la de A Insua, al sur, se abre la boca de la ría de Corme y Laxe, más protegida del viento y de la bravura del mar que el litoral abierto, en la que se sitúan los núcleos de población de mayor entidad del entorno. En la banda norte, el puerto de Corme, y en la sur, el de Laxe. Más hacia el interior, en las tierras más bajas, los núcleos de las parroquias de Cospindo, Cesullas y Canduas, de todos ellos, sobresale la villa de Ponteceso, en la desembocadura de O Anllóns.
A partir de la península de A Insua, y ya como último tramo de la costa bergantiñana, se forman dos amplios arenales abiertos al océano, de mar bravo y continuo oleaje, son la playa de Soesto, entre la punta Carreiroa y la Catasol, conocida por ser un lugar idóneo para la práctica del surf, y la playa de Traba, un arenal salvaje, bordeado de un cordón de dunas que contribuyeron a la formación de la pequeña laguna litoral situada en el fondo del valle que la rodea.
