Esta etapa iníciase cun acontecemento histórico de gran relevancia como foi a invasión das tropas napoleónicas na península ibérica e a posterior Guerra da Independencia, que tivo unha notable repercusión nas terras da Costa da Morte, sobre todo nas vilas de Cee e Corcubión, que foron saqueadas e incendiadas polas tropas francesas en abril de 1809.
Dous meses antes un destacamento do exército francés ocupou a vila de Corcubión coa intención de facerse cun botín para manter o exército invasor. A partir deste momento comeza a organizarse neste núcleo unha Xunta de Defensa para frear unha segunda ofensiva, ante a negación das autoridades desta localidade de aceptar esa imposición. Constituíuse unha alarma ou exército popular co recrutamento de paisanos baixo o mando dos párrocos Pedro Lapido, de Morquintián (Muxía) e Juan Domingo Pizpieiro, do Ézaro (Dumbría), apoiada pola fragata Endymion, fondeada na ría de Corcubión, que lle subministrou armas e municións.
Lapido concentrou as tropas na Ponte Olveira, en Baíñas e Vilastose. Enterados de que os franceses saíran de Santiago en dirección a Corcubión, a Xunta de Defensa decide facerlle fronte na Ponte Olveira, paso obrigado para cruzar o río Xallas. Cando os invasores chegaron a este lugar tan só se atoparon cunha reducida gornición que apenas lle fixo resistencia, xa que a maioría do exército popular se atopaba en Paizás (Cambeda, Vimianzo) e cando chegou a aquel punto, as tropas francesas xa cruzaran o río e dirixíanse ás vilas de Cee e Corcubión. Unha vez alí, actuaron cunha feroz violencia sobre a súa poboación. Incendiaron as dúas igrexas parroquiais e moitas casas, cometeron roubos e violacións e todo tipo de atropelos. Isto sucedeu o 13 de abril de 1809, pero días despois aínda volverían a arrasar o pouco que deixaran en pé. Sobre a actuación dos franceses na vila de Camariñas, dispoñemos de pouca información obxectiva, pero a versión lendaria fala de saqueos e de moitos mortos.
Trala Guerra da Independencia e a volta ao absolutismo do reinado de Fernando VII, volverase ás mesmas condicións de vida que había no Antigo Réxime. Continuará a mesma división territorial de coutos e xurisdicións e a pésima situación do campesiñado, clase social maioritaria. A desesperación dalgúns labregos por esas condicións extremas fixo que nalgunhas zonas se organizasen grupos de bandoleiros ou gavelas coa finalidade de asaltar casas de cregos, fidalgos ou doutra xente con recursos. Nestas terras occidentais foi coñecida a gavela de Vimianzo.

Moi pouca incidencia tivo nesta zona o carlismo, por carecer de grandes mosteiros ou estar afastada de cidades cun poderío eclesiástico. Hai noticias de dous ataques carlistas á vila de Carballo. Un primeiro o 14 de xaneiro de 1838, no que saquearon a localidade e se apoderaron de cartos; e un segundo, o 7 de maio dese mesmo ano con peores consecuencias, xa que houbo 13 mortos e o secuestro do xuíz liberal José Vázquez de Parga, que apareceu morto nun monte de Arzúa.
Na década dos anos trinta do século XIX vaise producir a nova división do territorio estatal en provincias, partidos xudiciais e concellos, reforma levada a cabo polo ministro da rexenta María Cristina, Javier de Burgos, aínda que xa houbera intentos de realizar esta nova división nas Cortes de Cádiz e durante o Trienio Liberal.
Nesta mesma década tamén terá lugar a denominada Desamortización de Mendizábal, que permitiría a venda por parte do Estado de bens relixiosos. A intención era que os campesiños puidesen acceder á propiedade da terra, pero isto non sucedería porque ao realizarse a poxa en grandes lotes, estes foron adquiridos por xente que dispoñía de cartos (nobres ou burgueses).
Na Costa da Morte os bens do mosteiro de Moraime foron poxados no ano 1841, adquiridos nun principio por un tal J. Méndez, pero logo pasarán a mans de Francisco Leiro, un adiñeirado da mesma parroquia.
Se realizamos un percorrido pola evolución da poboación da Costa da Morte durante a Época Contemporánea, observaremos que se produciu un moderado aumento do número de habitantes desde comezos do século XIX ata o último terzo do século XX, logo estancouse e despois sufriu un notable descenso, que se aceleraría nas primeiras décadas do século XXI, debido á pronunciada caída da natalidade.
Ese crecemento moderado que se deu ao longo do século XIX e boa parte do seguinte foi provocado pola emigración, fenómeno que se acentuou a partir de 1880 e que se prolongará ata 1930. Un éxodo masivo que se dirixiu cara aos países de América Latina, principalmente Cuba, Arxentina, Uruguai e Brasil e que freou como consecuencia das restricións impostas por eses mesmos países, polo estalido da Guerra Civil española e polo illamento ao que foi sometido o réxime franquista durante a posguerra.
Estes emigrantes americanos constituíron asociacións nos países aos que chegaron, como a Sociedad Agraria y Cultural de los Hijos del Partido de Corcubión, creada en Arxentina en 1922, que máis tarde pasará a denominarse Asociación Benéfica y Cultural del Partido de Corcubión, editora da revista Alborada e que levou a cabo unha intensa actividade sociocultural e benéfica relacionada coa zona de procedencia dos seus asociados. Unha das súas iniciativas foi a creación de escolas para elevar o baixo nivel educativo que había nas terras da Costa da Morte. A intención era crear unha escola en cada un dos concellos do Partido Xudicial de Corcubión, pero o estalido da Guerra Civil truncou o proxecto e só se construíron catro: Nemiña (Muxía), Pasarela (Vimianzo), Suarriba (Fisterra) e Estorde (Cee).
Algúns destes emigrantes acumularon fortuna e actuaron como benfeitores na súa localidade de orixe como sucedeu co ceense Fernando Blanco de Lema, emigrante en Cuba, quen doou os cartos para a construción dun importante centro de ensino de primaria e secundaria na súa vila natal. O mesmo sucedeu co corcubionés José Carrera Fábregas e o malpicán Anselmo Villar Amigo, que legaron os recursos para a creación dun centro escolar nas súas respectivas vilas natais.

A finais dos anos cincuenta volverá a iniciarse este movemento migratorio, primeiro cara a Venezuela e despois cara aos países de Europa Occidental: Suíza, Alemaña, Inglaterra, Francia ou Holanda. Producirase tamén unha emigración interior cara a Madrid, Cataluña, País Vasco ou Canarias. Nos últimos anos estase a dar un éxodo de xente moza, na súa maioría con estudos universitarios, que, ao non atopar oportunidades de traballo en Galicia, vese na obriga de buscalas fóra.
A meirande parte da poboación da Costa da Morte durante o século XIX e no seguinte tiña como actividade económica prioritaria a agricultura. Ata a abolición do sistema foral no ano 1926 moitos labregos non tiveron acceso á propiedade das terras que traballaban, pero incluso unha vez que se fixeron donos delas, había outros factores, como as reducidas dimensións das explotacións ou a falta de mecanización, que impedían un desenvolvemento do campo.
Os produtos máis cultivados continuaban a ser o millo, as patacas, o trigo, o centeo, o liño, as fabas e algunhas hortalizas e froitas. Tratábase dunha agricultura e gandería de subsistencia, que polo seu baixo rendemento converteuse na principal causa da emigración da poboación do medio rural.
Nas vilas costeiras a pesca e o comercio marítimo continuaron a ocupar a maioría da súa poboación. A sardiña, o congro, a pescada e o abadexo seguían a ser as especies máis capturadas.
A sardiña fallaba por tempadas e creaba unha grave crise tanto para os pescadores como para as factorías de salgadura, que quedaban paralizadas. Un destes momentos de crise recóllese no Diccionario do ilustrado Pascual Madoz, na década dos anos corenta do século XIX, cando se refire á ría de Camariñas. Será neste mesmo século e no seguinte cando se instalen as factorías de salgadura deste peixe ao longo da costa, en Quilmas, Brens, Corcubión, Fisterra, Merexo, Camariñas, Camelle, Laxe, Corme ou Malpica. De todas elas, tan só a da familia Cerdeiras, en Camariñas, chegou ata a actualidade como conserveira. Temos outra importante fábrica conserveira, a de Calvo, en Carballo, pero esta, fundada nos anos corenta do pasado século, tivo unha orixe diferente.
A pescada e o abadexo exportábanse salgados, pero a súa demanda diminuíu coa chegada ao mercado do bacallau, que pola súa abundancia e prezo desprazou a aquelas dúas especies salgadas, que despois pasarán a comercializarse en fresco.
O congro continuábase a secar ao aire como se viña facendo desde séculos pasados. Houbo secadoiros en distintos portos: Muxía, Camelle, Malpica ou Caión. Os únicos que chegaron ata a actualidade foron os de Muxía, únicos en toda Europa, e de non protexerse, corren o risco de desapareceren.
A escasa industrialización da Costa da Morte foi outra das eivas destas terras máis occidentais de Galicia, a pesar de dispoñer de abundantes materias primas derivadas da agricultura e gandería, da pesca ou do sector forestal. Unha das primeiras fábricas en instalarse foi a de carburos de Cee a comezos do século XX. Por estas mesmas datas aparecerán tamén os primeiros serradoiros de madeira de piñeiro, pola abundante materia prima existente e a demanda deste produto por parte da minería e da construción, sen embargo non se chegou a crear unha industria de transformación da madeira. Moitos destes serradoiros localizábanse nas marxes das rías ou preto da costa para facilitar a exportación da madeira por mar. Nos anos setenta do pasado século creouse a fábrica de UNEMSA, en Erbecedo (Coristanco), que produce diferentes tipos de aglomerado de madeira.

A Costa da Morte desde tempos antigos dispoñía dunha feble rede viaria que atravesaba o seu territorio. No século XIX os seus camiños atopábanse en pésimo estado. Pontes coma a de Baio sobre o río do Porto ou a de Ponteceso sobre o río Anllóns botaban anos en estado ruinoso. O camiño máis importante era o da Coruña a Corcubión e Fisterra, que na segunda metade dese século se converteu en estrada. A partir dela trazaranse os ramais que comunicaban esta vía coas vilas de Malpica, Camariñas e Muxía. De levarse a cabo o trazado da vía férrea da Coruña a Corcubión a inicios do século XX, o desenvolvemento económico desta nosa rexión costeira sería maior.
Na actualidade as vías de comunicación por estrada melloraron notablemente, sobre todo coa cidade da Coruña despois da construción da autoestrada que une esta cidade coa vila de Carballo e coa apertura do tramo da autovía da Costa da Morte entre Carballo e Baio, que xa se debería ter prolongado ata Cee. A comunicación con Santiago e co sur de Galicia é máis precaria e precisa de vías de mellores condicións.
O comercio en tempos atrás tamén estaba pouco desenvolvido e case todo el se realizaba por mar, xa que as vías terrestres eran escasas e deficitarias. No interior das rías era onde se localizaban os pequenos portos comerciais. Fisterra, Corcubión e Cee, na ría de Corcubión; Muxía, Camariñas e Ponte do Porto, na de Camariñas; e Laxe, Corme e Ponteceso, na ría de Corme e Laxe. Desde estes portos distribuíanse ás localidades de interior os produtos que chegaban (viño, aceite, ferro, cal, sal etc.) e tamén se lle daba saída a aqueles que se exportaban, que eran sobre todo agrícolas: trigo, millo, centeo, patacas, fabas ou cebolas; peixe curado ou salgado: sardiñas, congro ou pescada; madeira de piñeiro, pero tamén encaixe e olería de Buño.
O comercio por vía terrestre realizábase nas feiras que había distribuídas por todo o territorio. As de maior entidade eran as de Cee, A Picota, Baíñas, Quintáns, Ponte do Porto, Baio, A Agualada, Anllóns, Leiloio, Verdillo e Paiosaco. De todas elas as dúas máis importantes eran a de Baio, na Terra de Soneira, que se celebraba o terceiro domingo de cada mes no campo da Piroga (Bamiro, Vimianzo), cando menos desde o ano 1741 e a de Verdillo, na comarca de Bergantiños, que se celebraba na parroquia de Artes o cuarto domingo. Esta no ano 1941 trasladarase á vila de Carballo despois de varios anos de protesta dos veciños e cregos das parroquias de Verdillo, Artes e Sofán. En todas elas, ademais da transacción de todo tipo de gando e produtos agrícolas, tamén se vendía panos, calzado, ferramentas, cerámica e moitos outros produtos.

A nivel histórico o acontecemento máis importante que sucedeu no pasado século XX foi o estalido da Guerra Civil, que traería graves consecuencias para as terras da Costa da Morte, sobre todo naquelas vilas onde había un activo movemento sindical, como eran as de Cee pola existencia da fábrica de Carburos ou a da Ponte do Porto, polos serradoiros de madeira.
A represión que exerceu o réxime franquista durante os anos do conflito ou na posguerra contra persoas de ideas republicanas ou sindicalistas foi enorme. Coñecemos moitas destas actuacións grazas ao labor investigador do corcubionés Luis Lamela García, recollidas no seu libro Crónica de una represión en la “Costa da Morte” (1995), no que aparecen procesos militares, depuracións, incautacións, “paseos” e sancións que sufriron moitos veciños durante estes terribles anos. Houbo uns 110 exiliados, máis de 100 mortos e numerosos encarcerados e fuxidos, moitos destes últimos agocháronse entre os penedos do monte Pindo.
Trala morte do ditador Franco, comeza un novo período democrático coa aprobación da Constitución de 1978 e as primeiras eleccións do ano seguinte. Nesta nova etapa producíronse na Costa da Morte certas melloras nas actividades do sector primario e incrementáronse o da construción e servizos, pero isto non foi suficiente para frear a emigración da poboación cara a outras zonas máis desenvolvidas do Estado ou cara a outros países europeos.

La pesca costera en las décadas de los años setenta y ochenta vivió momentos de bonanza, pero después los caladeros dieron muestras de agotamiento y por parte de la CEE se impusieron las limitaciones en las capturas, lo que ocasionaría una crisis en el sector.
En el campo no se produjo una modernización a no ser en las explotaciones ganaderas y tampoco se creó una industria de transformación de las materias primas existentes en el territorio, por lo que la creación de puestos de trabajo no será suficiente para emplear a toda la población activa que había. En estos momentos el sector turístico es el más dinámico y el que está creando mayor número de empleos, aunque estos sean temporales. A Costa da Morte dispone de suficientes recursos para atraer un turismo de calidad, por lo que habría que apostar.
Su rico patrimonio natural que se extiende a lo largo de toda la zona costera y también por zonas del interior, junto con un espléndido patrimonio histórico y cultural, unido a una rica y variada gastronomía, convierten a esta región en una de las de mayor potencial turístico de Galicia, siempre que estos bienes patrimoniales se cuiden y se pongan en valor.