Punto de partida-chegada: Aparcadoiro do castro A Cidá de Borneiro
Percorrido: circular
Distancia: 10 km
Duración aproximada: 4 h
Dificultade: Media
Desde o aparcadoiro do castro subimos por unha pista forestal ao monte Gontón e desde alí seguimos camiño ata o miradoiro do alto da Fernandiña, a mellor atalaia para gozar da panorámica sobre a desembocadura do río Anllóns e da ría de Corme e Laxe.
Trasladámonos despois ao monte do Castro ou Castelo de Borneiro, denominado así pola existencia dun recinto castrexo e logo descendemos ao lugar de Borneiro, onde se atopa a igrexa parroquial. A continuación dirixímonos ao santuario do Briño e desde alí ao dolmen de Dombate, unha vez visto este espectacular monumento megalítico, collemos camiño cara ao castro A Cidá e regresamos ao lugar de inicio.
